Publicado por: F.G. Atletismo
O pasado día 24 o club ADAS CUPA celebrara no Teatro Lauro Olmo os seus 43 anos de existencia e faciano nun acto no que estivo arroupado por “toda a familia atletica” da comarca baixo un acto repleto de emocións, lembranzas, humor e actuacións.
O acto quixo homenaxear e distinguir a un importante número de organismos, institucións e persoalidades que durante todos estes anos estiveron apoiando a entidade que dirixe Tinin González. De igual modo tamén houbo ocasión para homenaxear e por en valor os resultados máis importantes dos atletas do club en todas as súas categorías.
Agradecementos e distincións
Tinin precisamente abría o acto, dando a benvida a todos os asistentes para pasar, de seguindo, á lembrar a orixe e traxectoria do club en todo este tempo:
“Comezamos un proxecto que chega hoxe á súa madurez e aquí reviviremos os nosos primeiros anos así como a historia do atletismo valdeorrés nestes 18 últimos anos, poidades desfrutar e emocionarvos co que vos temos preparado. Acadáronse resultados e vivencias colectivas que nin por asomo se nos pasaron pola cabeza cando decidimos crear o club. Os e as máis de 300 medallistas nacionais individuais, os 41 podios nacionais por clubs nas diferentes categorías, a construción da pista Luis Nogueira do Barco, a posta en marcha da oitava delegación de atletismo da FGA en Valdeorras, a creación do comité de xuíces de Valdeorras, 4 campionatos nacionais organizados na comarca, os máis de 30 campionatos autonómicos de campo a través e pista ao aire libre organizados no Aguillón da Rúa e na pista Luis Nogueira do Barco, así como os máis de 3.000 medallistas autonómicos dende Sub10 a máster acadados nesta etapa, axúdannos a seguir traballando para que o atletismo siga crecendo na nosa comarca”
Distincións de honra
Ao longo de todo o acto foron desfilando un destacado número de homenaxeadas e homenaxeados, entre os cales recibirían as distincións de Honra da entidade: Iván Sanmartín e Isidoro Hornillos (presidente e ex-presidente da FGA), o atleta Alberto Carlos Asensio, os ex alcaldes da Rúa, José Vicente Solarat e do Barco, Alfredo García; o ex responsable do Servizo provincial de Deportes e do deporte escolar Mario Guede; o atleta Marcos Carracedo Rama, o responsable do Servizo Provincia de Deportes Manuel Pérez Álvarez e o delegado da delegación valdeorresa da FGA Manuel Rodríguez Teijeiro.
O artigo O ADAS CUPA celebrou o seu 43 aniversario cunha gran gala publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: O ADAS CUPA celebrou o seu 43 aniversario cunha gran gala
