Publicado por: F.G. Atletismo
Itziar Manso do Ourense At. cun rexistro de 1h.21:29 e Denis Incutti do C.D.Delikia con 1h.07:52 proclamaronse campións galegos absolutos de media maratón na edición levada a cabo este pasado domingo no Concello de Vilagarcía.
A proba, que xuntou a preto de setecentos participantes, transcurriu paralelamente á disputa da III Media maraton de Vilagarcía que se achegaba á súa terceira edición
Xunto aos campións galegos ocuparon postos de podio, Sofía Freaza (Comesaña S.C.) con 1h.23:04 e Andrea Iglesias (Fisi. San Lázaro) con 1h.24:06 en mulleres así como Hugo García (At. Portugalete) con 1h.08:40 e Marcos Oro (At. Arenteiro) con 1h.08:43 en homes.
Comesaña S.C. e Atletismo Arenteiro, gañadores por equipos
Ademáis das premiacións individuais tamén houbo clasificación por clubs do que resultaba gañador na categoría feminina o Comesaña S.C. grazas as actuacións das súas atletas Sofia Freaza, Delia Villaba e Soledad Castro. Na categoría masculina o título foi parar ao Atletismo Arenteiro con Marcos Oro, Albino Fernández e Julio Novoa puntuando para o equipo ourensá.
Atletismo Sar e Atletismo Barbantia Roda en homes así como Atletismo Arenteiro e Atletismo Sar en mulleres, completaban os postos de podio por conxuntos.
Ao remate, tanto o presidente da FGA Iván Sanmartín, como o Alcalde do Concello Alberto Varela, entre outros, foron os encargados de entregar as distintas premiacións que deixaban os seguintes gañadores e gañadoras por categorías:
- Sub23. Sheila Balado (Entrenarunning) Hugo García (At. Portugalete)
- Sub20. Nuno Moure (A.D.Fogar)
- Máster35. Andrea Iglesias (F.San Lázaro) e Albino Fernández (At. Arenteiro)
- Máster40. Sofía Freaza ( Comesaña SC) e Oscar Bernárdez (Fisio. San Lázaro)
- Máster45. Natalia García ( C.A.Sada) e Jaci A.Mello (C.A.Boimorto)
- Máster50. Sonia Teijeiro (CD La Purísima) e Jordi Carrasco (SD Compostela)
- Máster55. Purificación Ánegas (C. do Miño) Ramón Serantes (Coruña Comarca)
- Máster60. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Amador Aguilar (CD Purísima)
- Máster65. Rafael Pérez (C.A.Tui)
- Máster70. Carmem Rodríguez (SD Compostela) e Manuel González (Burgas Ourense)
- Máster75. Antonio Riera (At. Deza)
- Máster80.Julio C.Constenla (At.+9 Moraña)
Resultados Campionato Galego (individual)
Resultados Campionato Galego (equipos)
O artigo Itziar Manso e Denis Incutti impóñense no galego de media maratón publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Itziar Manso e Denis Incutti impóñense no galego de media maratón
