Publicado por: F.G. Atletismo
Esta fin de semana a pista cuberta celebrará unha importante actividade atlética.
Ao Campionato de España de clubs sub20 que se desenvolverá na tarde do sábado, súmaselle o Campionato Xunta de Galicia de clubs Sub16 e o Trofeo ABANCA que completarán a totalidade da ampla oferta atlética que teremos desde as 10:00 horas do sábado na pista curta de Expourense
I Campionato Xunta de Galicia de clubs Sub16
Inaugúrase un novo campionato dentro do calendario oficial de probas da FGA. Trátase da primeira edición correspondente a un campionato autonómico por clubs Sub16 que xuntará a un total quince equipos procedentes de nove clubs.
Entre os mesmos están inscritos Sociedad Gimnástica, Ourense Atletismo, C.A.Sada, Celta Atletismo, At. Narón e Coruña Comarca en ambas categorías así como o Comesaña S.C. e Ferrol Atletismo en categoría feminina e ADAS CUPA na masculina.
O campinato dará comezo ás 10:00 horas e se extenderá ata as 13:45 horas
Novamente todo un clásico das categorías base, volve coma sempre por estas datas ao recinto cuberto ourensá.
Nada menos que corenta e cinco equipos en representación de dazoito clubs, estarán tomando parte o domingo en dobre xornada no XIII Trofeo ABANCA. Entre os mesmos o ADAS CUPA e o Club Deportivo La Purísima, son quenes acuden a tomar parte con equipos en todas as categorías.
Laboratorio de aprendizaxes
Este trofeo aberto ás categorías Sub10, Sub12 e Sub14, representa unha formidable ocasión para presenciar e seguir de preto as evolucións da canteira do noso deporte. Ademáis, a presenza de multitude de familiares nas bancacas fai do mesmo un dos máis especiais do calendario atlético
Máis alá das medallas e das clasificacións, o Trofeo ABANCA está ideado como unha xornada de formación e aprendizaxe que ten por finalidade o fomento dos valores esenciais de esforzo, compañeirismo, traballo, constancia e respeto representando de igual modo unha excelente oportunidade, para poñer en práctica todo o aprendido ata o momento sobre a pista da man de adestradoras ou adestradores.
O artigo O Trofeo ABANCA e o galego de clubs Sub16, completan a ampla actividade da fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: O Trofeo ABANCA e o galego de clubs Sub16, completan a ampla actividade da fin de semana
