Último obstáculo para os clubs galegos na Liga Nacional

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana acontecerá a terceira e última xornada do Campionato Nacional de Liga tanto en Honra como en Primeira División na que se atopan varios equipos galegos en situacións ben diversas.

En Honra masculina, e logo do magnífico último encontro realizado pola Gimnástica de Pontevedra en Soria na que acadaría no terceiro posto, os pontevedreses viaxan a Elche co firme propósito de non pasar excesivos problemas e disfrutar dunha última xornada festiva que os apuntale un ano máis na máxima categoría.

Algo máis axustado, estarán as ferrolanas do RIA Ferrol cuxa clasificación actual sitúannas no posto 14º e na que as súas opcións pasan por gañar en Valladolid precisamente as anfitrionas así como ó Bidezabal, ou ó Tenerife, equipos accesibles para o experimentado conxunto de Ferrol.

Xa na primeira división e logo do bo comportamento dos equipos celestes tanto en homes como en mulleres, toca competir no octagonal polo ascenso.

O equipo masculino, que parte en Salamanca de oitavo, sairá a competir e disfrutar sabedores de que un ano máis estarán na Primeira División. Ata Alcorcón acudirá o Atletismo Femenino Celta, nun encontro no que lles  benefícia o sistema de “atleta por proba” o que fai acadar certas posibilidades ás olívicas nun octagonal no que parten de quintas.

Atletismo Narón que viaxa a Madrid, será o que tal vez teña unha papeleta máis complicada, xa que a súa 13ª posición obligaralles a pelexar de arreo para manter a categoría na Primeira División masculina. O MoratalazCorrer el Garbi e o Lleida serán os riváis cos quen deban enfrontarse os naroneses directamente.,

Por último os tres puntos do equipo femenino da Gimnástica de Pontevedra que compite en Valencia, fan que encaren o último encontro con certas garantías xa que son catro as  formacións  que se atopan detrás das azulonas. Sabadell e Tenerife serán os rivais a batir de maneira directa para evitar sorpresas.

Por último, na fase de ascenso a Primeira Divisón está inmerso o equipo masculino do Clube Atletismo Santiago quen terá que viaxar ata a cidade do Pisuerga. A esta importante cita acuden os santigueses conscientes das posibilidades que teñen co firme propósito de pelexar todos e cada un dos puntos que lles permita ocupar un deses dous primeiros postos que dan ascenso directo rumbo a Primeira División.

Liga de Clubs

O artigo Último obstáculo para os clubs galegos na Liga Nacional publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Último obstáculo para os clubs galegos na Liga Nacional

Mas noticias relacionadas