Cancelado o I XCM Estaciones Vivas

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O próximo día 29 a Fundación Ado Moure xunto co Orensano C.C. tiña previsto organizar o I Trofeo Estaciones XCM puntuable para a Copa Galicia de XCM da Federación Galega de Ciclismo. Visto unha vez pechada as inscricións estas non chegan a un mínimo aceptable para poder realizar a proba. Vémonos na obrigación de suspendela. Quixemos esperar ata o último momento a ver se a participación crecía, pero baixo estas condicións non podemos mobilizar o necesario para realizar unha proba na que participarán menos de 70 corredores.

Sentimos moito ter que facer isto, non se trata xa só do económico senón no meramente deportivo, para facer unha proba deste tipo fan falta uns mínimos para que salga un evento acorde á estrutura montada (máis de 30 voluntarios, médico, ambulancias, chips….).

Traballaremos para poder sacar esta proba noutra data onde podamos contar con maior participación. En breves poñerémonos en contacto cos todos os inscritos.

Fonte: Fundación ADO Moure


Enlace con la noticia original: Cancelado o I XCM Estaciones Vivas

Mas noticias relacionadas