
Publicado por: Ourense Atletismo
O Sanysec – Club Ourense Atletismo participou na final autonómica do Campionato Galego de Cros de Xogade ou en idade escolar cunha presenza xeralizada en todas as categorías.
En alevín feminino Olivia Currás foi a mellor clasificada co seu 22º posto cun tempo de 10:06 na distancia de 2000 metros. Non quedou lonxe India Alonso, con 10:16 e 27ª posición. Clara Mouriño foi a seguinte do club nesa categoría ao rematar 37ª con 10:33.
En alevín masculino o mellor posto foi realizado por Maeloc Barreiro ao rematar oitavo con 08:59 sendo o seguinte mellor posicionado do noso club Alejandro Cid, quen con 10:07 logrou a 48ª posición. Árpad Lobelle foi 53º con 10:24 e Francisco Carballo completou o equipo con 11:12 e 63ª posición.
Na categoría de infantil feminino tivemos dúas participantes: Noa Salgado foi 55ª con 13:35 e Noa Calleja 62ª con 14:19.
En infantil masculino Dáviz Lobelle correu os 2.500 metros en 12:01, sendo o noso único participante nesta categoría.
En cadete feminino e sobre unha distanciad e 3.000 metros, Alicia Outeiriño rematou 45ª parando o crono en 16:06, seguida moi de preto por Naomy Jiménez, 48ª con 16:17, de Lucía Losada, 50ª con 16:22, e de Isabel Carrión na 58ª posición con 17:57.
En cadete masculino participou Aroi Fernández sendo o 53º clasificado con 14:29.
Por clubs, rematamos en 7ª posición tanto en cadete feminino coma en alevín masculino.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XOGADE – CROS – FINAL AUTONÓMICA 2026
La entrada SANYSEC – CLUB OURENSE ATLETISMO NO GALEGO DE CROS XOGADE apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: SANYSEC – CLUB OURENSE ATLETISMO NO GALEGO DE CROS XOGADE


