Os campionatos galegos de campo a través poñen o peche esta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de 890 atletas están inscritos para tomar parte esta fin de semana nas edicións correspondentes aos campionatos Xunta de Galicia de campo a través Sub10, Sub12, Sub14 e máster que se levarán a cabo no circuito de A Veronza de Ribadavia e que van poñer o punto e peche neste treito as citas autonómicas de cros no 2026.

O campionato arrincará as 10:30 horas cas primeiras probas das categorías máster e que sobre unha distancia de 5.000 m. irán desenvolvendose ata ás 12:20 horas.

Na relación de participantes, figura a presenza de varios dos campións galegos e galegas da pasada edición celebrada en A Pobra entre as que destacan, Antonio Teijido do Ría de Foz na M35; Esteban Díaz do C.A.Narón na M40; Jesús Fernández do CD Delikia e Ana Isabel Soutullo do C.A. Sada na máster 45; Juan Antonio Gude do Lucus C.R.G na M50; Sole Castro do Comesaña S.C na F55; José Suárez do S.D Compostela e Joséfina Pardo do C.A.Millaraio na máster 60; Manuel Suárez Vet.Samil e Carmen Rodríguez do S.D. Compostela na máster 65; Xosé Luis Otero C.A.Santiago na M70 e Roberto Rey do Vet. Samil na M75.

Ademáis dos mencionados, contarenos ca participación de varios medallistas internacionales máster entre os cales figura Pablo Fervenza do Samertolameu, gañador de cinco medallas europeas na pasada edición de Madeira.

Memorial Alejandro Lorenzo

Unha vez rematadas as probas das categorías máster, o campionato continuará  a partir das 12:30 horas co Memorial Alejandro Lorenzo que desde fai máis de 25 anos, da o seu nome ao Campionato Xunta de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14.

Precisamente sobre as categorías Sub12 e Sub14 estarán tomando parte parte boa parte dos atletas que estiveron disputando a pasada fin de semana a fase final dos XOGADE de campo a través de Ribadeo e nos que a priori Julia Martínez do At. Baixo Miño xunto a Mateo Vilela do C.A.Millaraio parten como favoritos na categoría Sub12 xunto a Claudia Álvarez do C.A. A Gándara e Xabier Rodil do Triatlon Compostela na Sub14.

Na categoría Sub10, tanto Lía Maira como Alejandro Farias ambos do Lucus Caixa Rural Galega, lograban a mellor clasificación da súa idade na última Fase final ABANCA de pista cuberta nos 1000 m. polo que serán outros dos atletas a ter en conta neste campionato.

Máis info

O artigo Os campionatos galegos de campo a través poñen o peche esta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os campionatos galegos de campo a través poñen o peche esta fin de semana

Mas noticias relacionadas