DÚAS MEDALLAS NO NACIONAL SUB18

Publicado por: Ourense Atletismo

Campionato de España sub18 celebrado en Antequera deixou moi bos resultados para o Sanysec – Ourense Atletismo.

Aitana Capeáns foi a única participante capaz de superar a barreira dos 14 metros e, no seu quinto intento, enviou o peso ata os 14.79 metros, unha marca que supón récord do campionato e que a coloca como clara líder do ranking nacional da especialidade.

Sabela Castelo venceu nos 3.000 metros cun tempo de 9:51.82, superando á castellonense Naia Portoles e á burgalesa Alejandra Ortuño.

No 1.500 tivemos as participacións de Mario Lorenzo, sétimo da súa semifinal con 4:16.87, sendo 28º na clasificación xeral, de Usúe Bernárdez, novena na súa semifinal con 4:57.04 e 20ª xeral, e de Claudia Pérez , décima na súa semifinal con 5:03.85 e 30ª xeral.

Rebeca Fernández non puido coa altura inicial de 3.00 no salto con pértega.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Allianz Nacionales Sub-18 Short Track

La entrada DÚAS MEDALLAS NO NACIONAL SUB18 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DÚAS MEDALLAS NO NACIONAL SUB18

Mas noticias relacionadas