Publicado por: F.G. Atletismo
Santiago de Compostela converterase, do 5 ao 10 de xullo, nun dos escenarios principais dos XVI Xogos do Eixo Atlántico, acollendo as competicións de atletismo, balonmán, natación, baloncesto e voleibol que reunirá centos de deportistas procedentes de diferentes cidades de Galicia e do norte de Portugal
Os Xogos do Eixo Atlántico constitúen un dos principais eventos deportivos xuvenís da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e teñen como obxectivo fomentar a práctica deportiva, o intercambio cultural e a cooperación entre as cidades que integran o Eixo Atlántico.
A organización agarda unha elevada participación de deportistas, persoal técnico, voluntariado e acompañantes, convertendo Santiago nun espazo de encontro onde o deporte será o principal vehículo de convivencia entre a mocidade galega e portuguesa.
Este evento, volverá poñer de manifesto o compromiso das cidades participantes coa promoción do deporte base, a igualdade de oportunidades e os valores do esforzo, o compañeirismo e o xogo limpo.
Probas de atletismo
No que atinxe á programación atlética, será o día 6 de xullo desde as 10.00 e ata as 19:00 horas, cando as pistas da USC de Santiago se convirtan no punto de encontro das mellores promesas, que competirán nun amplo programa de probas de velocidade, medio fondo, fondo, valados, saltos, lanzamentos, ruta e remudas, nun ambiente marcado pola convivencia, o respecto e os valores do deporte.
O artigo Santiago acolle os XVI Xogos do Eixo Atlántico publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Santiago acolle os XVI Xogos do Eixo Atlántico
