Publicado por: F.G. Ciclismo
A Asemblea da Federación Galega de Ciclismo aprobou nos últimos días o calendario de competición da tempada de ciclocrós así como as datas das eleccións que terán lugar no último trimestre do ano.
Esta campaña contará co maior número de probas que se lembran desde hai moito tempo. En total serán 18 as que se celebren antes de afrontar o Campionato de España no que Galicia será anfitrioa ao organizarse na cidade de Pontevedra. O pasado ano foran 15 as calendadas malia que a última hora caera o Trofeo de Dumbria.
O primeiro domingo de outubro abrirase a competición en Poio. Seguirá Santiago de Compostela na festividade da Hispanidade e Marín o día 14. O fin de semana do 20 e 21 estará libre coincidindo con duas das citas nacionais que congregan maior participación galega como son Villarcayo e Medina de Pomar, en Burgos. En Porriño concluirá o mes de outubro o sábado 27 no Velódromo.
Seis probas terán lugar en novembro. A festividade do día 1 está reservada para a “Laboral” en Culleredo. O sábado 3 está marcado como data no calendario electoral á presidencia da Federación Galega de Ciclismo do mesmo xeito que o 15 de decembro. O domingo 4 de novembro volve ao programa de competición o Trofeo de Dumbria, ausente por motivos técnicos o pasado ano.
O fin de semana do 10 e 11 haberá dobre cita na comarca de Ferrolterra coas probas de Esmelle e Ferrol. As Eiras no Rosal será o sábado 17 e cumplirá o seus vinte edicións. O domingo 18 volve a organizarse un ciclocrós da man do CC Ourensán con carreira en Baños de Molgas.
Decembro non dará tregua aos namorados do barro: Viveiro (domingo 2); Praia xardín en Boiro (6), Pontevedra no hipódromo (8), Betanzos en O Pasatempo (16) e Maceda en O Castelo (22). O 23 volverá o ciclocrós a Ponteareas no novo campo de adestramento do club que poñerá con esta carreira o peche ao ano do seu 40º Aniversario. A tempada terá o seu punto e final no que a calendario galego refírese o día 30 coa celebración do Campionato de Galicia. Logo será o momento de preparar o Nacional en Pontevedra para abrir o 2019.
Enlace con la noticia original: O calendario 2018-19 de ciclocrós en Galicia contará con 18 probas e o Nacional en Pontevedra