A Deputación de Lugo compromete o financiamento dun novo equipo de vídeo finish

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte a Vicepresidenta da Deputación provincial de Lugo Iria Castro, anunciaba o seu compromiso de financiar a adquisición dun equipamento de vídeo finish co cal poder atender e dar servizo á cada vez máis importante e numerosa actividade atlética da provinza.

O anuncio levouse a cabo durante a presentación das Xornadas de Atletismo en Pista Deputación de Lugo  2024, que contaron ca asistencia do vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes, Efrén Castro, o presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, a do delegado en Lugo Pablo Gandoy así como a do tenente alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo.

Importante investimento

Este investimento prodúcese logo das conversas e negociacións mantidas polo Presidente da FGA Iván Sanmartín co organismo provincial que finalmente acabaría materializandose con este importate anuncio.

A incorporacion do novo elemento de medición, súmase aos distintos materiais adquiridos durante este 2024 pola Federación por importe de 7.300 € e cuxo montante total para a mesma partida foi de 44.385,60 € no 2023 e de 39.723.36 no 2022, arroxando unha cifra total de máis de 90.000 € nos últimos tres anos.

O artigo A Deputación de Lugo compromete o financiamento dun novo equipo de vídeo finish publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Deputación de Lugo compromete o financiamento dun novo equipo de vídeo finish

Mas noticias relacionadas