Tres medallas para o atletismo galego no Campinato de España en ruta

Publicado por: F.G. Atletismo

A capital de Estremadura, situada ao norte da provincia de Badaxoz e cidade romana por excelencia, Patrimonio da Humanidade, foi o escenario do Campionato de España de medio maratón absoluto e máster.  O percorrido discorreu por rúas empedradas, avenidas e pontes, con protagonismo para o río Guadiana e unha contorna monumental única, atravesando algúns dos principais enclaves históricos da cidade.

Boa actuación da expedición galega

Unha medalla de ouro, outra de prata e un bronce foi o resultado da actuación galega nesta edición que xuntou a 538 atletas achegados de toda España que tiveron que competir cunhas condicións iniciais de 24° de temperatura e 55% de humidade.

Jordi Carrasco do SD Compostela contínua ampliando o seu importante palmarés en competicións estatais. O atleta morañés, que xa o ano pasado lograba o subcampionato europeo máster de maratón, lograba na cidade de Badaxoz un claro título de campión de España sobre a mesma distancia logo de invertir un crono de 1:13.46.

Na proba de milla masculina asboluta, o campión galego absoluto de campo a través e dos 5K deste ano David de la Fuente do Playas de Castellón lograba nun final moi igualado, o subcampionato de España logo de invertir un crono de 14:08, rexistro que era compartido polos tres primeiros cllasificados.

O último metal foi parar á representante do SD Compostela Sabela Martínez quen tomaba parte na categoría F45. A representante compostelá, remataba a proba da media maratón cun tempo oficial  de 1h.29:29 que lle daban acceso a ocupar o terceiro posto do caixón de podio.

Xunto aos medallistas, e sobre a distancia da milla, lograron tamén postos salientables tanto Anxo Lado do At. Narón como Elian Numa López do Vicky Foods, 5º e 7º respectivamente con crono de 4:16.63 e 4:17.63. Na categoría feminina era Estela Díaz do Lucus quen entraba no posto 10ª con 5:11.52

Edymar Brea do Vicky Foods rozou os postos de honra na media maratón da que tan só lle separaron décimas. Finalmente a atleta internacional venezolana, que este ano gañaba a Coruña-21,  marcaba un rexistro de 1h.15.33 que a deixaban na cuarta posición.

Sobre os 5 Km. boa actuación de Antía Castro do Vicky Foods quen lograba rematar nunha destacada 5ª posición invertindo un tempo de 17:01. Non menos importante resultou a actuación de Nanci Viviama Caamaño do At. Sar sobre a distancia de media maratón F55 na que entraba de 7ª con 1h.54:07

Na clasificación por equipos o SD Compostela lograba postos de finalista ao rematar na 5ª posición de media maraton M45/54 e de 8º na M35/44

Resultados

Foto: RFEA

O artigo Tres medallas para o atletismo galego no Campinato de España en ruta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Tres medallas para o atletismo galego no Campinato de España en ruta

Mas noticias relacionadas