Publicado por: F.G. Atletismo
A pasada fin de semana, a Selección Galega de Trail Running desprazouse a terras asturianas para participar no Campionato de España de Seleccións, celebrado o domingo día 12.
Nesta edición foron convocados un total de 23 deportistas galegos, que competiron nas categorías absoluta, Sub23 e promoción.
A xornada comezaba cunha mañá fría, con temperaturas arredor dos 7 graos, na que se daba a saída ás probas absolutas masculina e feminina, cun percorrido de 21,6 quilómetros e un desnivel positivo de 1.050 metros. Nunha competición dominada polas seleccións catalá e valenciana, os primeiros representantes galegos en cruzar a liña de meta foron Jaime García, no posto 15º, e María Martínez, no 16º. Estes resultados contribuíron o combinado galego acadase o 8º posto por equipos na categoría masculina e o 9º na feminina.
Ás 11:15 horas tomaban a saída as Sub23, nas que destacou especialmente a actuación da selección feminina galega. A campioa galega absoluta de campo a través, Emma Méndez, logrou unha brillante vitoria na súa proba, cun percorrido de 12,8 quilómetros e 625 metros de desnivel positivo. Xunto cos resultados de Juia Salvado e Alejandra Formoso, Galicia quedou ás portas do podio, empatada coa Comunidade Valenciana, que finalmente ocupou a terceira posición. Pola súa banda, a selección masculina Sub23, integrada por Sergio Bouza e Javier González, acadou o 12º posto por equipos.
Finalmente, tamén ás 11:15 horas, disputáronse as probas das categorías de promoción. Na categoría feminina, Sandra González impúxose con claridade ao resto das participantes nun percorrido de 8,2 quilómetros e 400 metros de desnivel positivo. O bo rendemento do equipo, completado por Alma Pereira, Lucía Taboada e Xulia Vidal, permitiu á selección galega acadar o 5º posto na clasificación xeral por equipos. No apartado masculino, Álvaro Soto foi o galego máis destacado, sumando xunto a Adrián Sesa, Hugo Morais e Diego Ferreira para finalizar na 7ª posición por seleccións.
Categoría absoluta Masculina (21,6 Km.)
- 15ª Jaime García
- 25ª Rubén Ínsua
- 27º Federico Losada
- 28º Rubén Gómez
- 42º Andres Florez
8ª GALICIA
Categoría absoluta feminina (21,6 Km.)
- 16ª María Martínez
- 32ª Carla Trillo
- 37ª Antía Goberna
- 38ª Beatríz Barroso
- 39ª Lucía Peón
9º GALICIA
Categoría Sub23 homes (12,8 Km.)
- 34º Sergio Bouza
- 37ª Javier Gonzalez
12º GALICIA
Categoría Sub23 mulleres (12,8 Km.)
- 1ª Emma Méndez
- 15ª Julia Salvado
- 22ª Alejandra Formoso
4ª GALICIA
Categoria Promoción Homes (8,2 Km)
- 11ª Alvaro Soto
- 27º Adrian Sesar
- 28º Hugo MOrais
- 37º Diego Ferreira
7º GALICIA
Categoría Promocion mulleres (8,2 Km)
- 1ª Sandra Gonzalez
- 22ª Alma Pereira
- 32ª Lucía Taboada
- 37ª Xulia Vidal
5ª GALICIA
O artigo A Selección galega de TR fornécese de futuro publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A Selección galega de TR fornécese de futuro
