A FGA convidada ó IV Encontro da Escola Deportiva da ONCE

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo foi convidada esta fin de semana ó IV encontro da Escola Deportiva da ONCE con atletas con diversidade visual de toda Galicia.

O Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez quen asistiría ó acto, salientou que “ Hai que pór en valor accións deste tipo nas que logremos a inclusión de nenos dende as diferentes idades, dende a Federación Galega de Atletismo poñémonos a súa disposición para realizar todo tipo de actividades deportivas e sociais”

A actividade contou coa presencia das atletas internacionais Adi Iglesias e Jairo Salgueiro, os cales contaron as súas experiencias recentes de éxito no deporte galego e nacional onde os nosos/as atletas son todo un referente.

Dende a Federación, damos a noraboa e felicitamos á ONCE en Galicia e en especial ó seu Adestrador Maxi Rodríguez,  pola coordinación deste tipo de actividades, así como a todos os profesores e monitores, que realizan este sensacional traballo.

O artigo A FGA convidada ó IV Encontro da Escola Deportiva da ONCE publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A FGA convidada ó IV Encontro da Escola Deportiva da ONCE

Mas noticias relacionadas