A FGA pioneira entre as federacións na implantación da cronometraxe con transpondedor.

Publicado por: F.G. Atletismo

A homologación dos  sistemas de cronometraxe con transpondedor converteuse nun elemento esencial para garantir a precisión, transparencia e veracidade das competicións de atletismo. Este proceso certifica que os equipos e softwares utilizados cumpren cos estándares internacionais de fiabilidade, sincronización e rastrexabilidade, asegurando resultados exactos e comparables entre eventos.

A Federación Galega de Atletismo foi unha das pioneiras na adopción deste tipo de elementos entre as federacións atléticas, contando desde o ano 2013 co seu propio sistema de chips homologado. Desde entón, cronometrou preto de mil probas, consolidándose como unha importante ferramenta tecnolóxica ao servizo do atletismo galego. O éxito deste modelo impulsou a outras federacións autonómicas e delegacións territoriais a implementar os mesmo sistema, entre elas as federacións de Estremadura, Madrid, Navarra e Andalucía, así como delegacións de Palentina e de Zamorana.

Gracias á homologación e espallamento destes sistemas pódense asegurar resultados exactos e comparables entre eventos, evitando erros nos rexistros de tempos e posicións. Ademáis, fomenta e impulsa a innovación tecnolóxica e fornece a confianza de atletas e público na integridade das competicións.

Relación de sistesmas homologados pola RFEA

O artigo A FGA pioneira entre as federacións na implantación da cronometraxe con transpondedor. publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A FGA pioneira entre as federacións na implantación da cronometraxe con transpondedor.

Mas noticias relacionadas