A Fin de semana deixounos os autónomicos de Marcha, fondo, combinadas e lanzamentos

Publicado por: F.G. Atletismo

Intensísimo fin de semana o que viviu o atletismo galego ca disputa dun total de catro campionatos autonómicos espallados por A Pobra, Cervo, Ourense e Vigo

Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos. Lugo, 3 de febreiro

O primeiro deles tería lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera na que as nosas e nosos mellores especialistas de lanzamentos longos acudían a tomar parte no seu campionato.

Na categoría feminina a atleta con ficha por Galicia Yulenmis Aguilar lograba lanzar ata os 61.19 m. malia que a súa condición de extranxeira dáballe o título autonómico a subcampioa de España Carmen Sánchez cun mellor tiro no seu primeiro lanzamento de 54.61 m.

María Ezquerro da Gimnástica en disco con 41.92 m. e Aixa Corbacho do Rías Baixas en martelo con 49.03 m. completaban o podio na categoría feminina.

En homes o tamén medallista en podios nacionais Eric Méndez proclamábase campión galego en martelo con 60.54 m. sendo Oliver Vázquez do Lucus en xavelina con 54.29 m. e Jaime Arias do A. Portugalete en disco con 46.31 m. quenes de igual modo colgábanse o metal de ouro na categoría masculina.

Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta. A Pobra, 4 de febreiro

Xa no domingo as rúas de A Pobra recibían un ano máis a un bo número de marchadoras e marchadores que acudían a tomar parte no evento.

Cunha climatoloxía primaveral a internacional Aldara Meilán da At. Lucense e José Fernández do Real Club Celta, proclamábanse campións galegos absolutos sobre un circuito homologado de 10K no que invertiron un rexistro de 49:35 e 45:54 respectivamente. Xunto eles, e compartindo podios, estiveron Alba Prieto e Natalia Rivas na categoría feminina e un lesioado Juan Manuel Morales e Pablo Sánchez na categoría masculina.

No resto de categorías cabe salientar os títulos galegos logrado por Alba Morales do Marineda At. e Tomás Bautista do At. Porriño na categoría Sub16, Martina Castro da At. Lucense e Antón Díaz do At. Narón na Sub14; Marta Bargueiras e Diego Fernández da At.Lucense na Sub12; Laiene Iglesias da At. Lucense e Gael Seijido do At. Narón na Sub10.

Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. e 50.000 m. Memorial Alejandro Gómez. Cervo, 3 de febreiro

Bautismo oficial foi o que recibiron esta fin de semana as pistas atléticas de Cervo durante a acollida do Memorial Alejandro Gómez

As novas instalacións puxéronse de gala para dar acollida a esta importante proba que terían na figura de Sofía Freaza do Comesaña S.C con 39:56.08 e Emilio Pérez do ADAS CUPA con 32:40.20 ás novas e novos campións galegos absolutos de 10.000 m. Soledad Aurora Leiro do SD Compostela e Rosalia Rodríguez do Ria de Foz así como Xabier Díaz do Lucus e Jorge García do Marineda At. foron quenes acompañaron aos campións autonómicos na zona de podio. A carreira na que tamén tomaban parte atletas Sub23, daba o título nesta categoría a José García da At. Lucense con 37:35.96

No resto de categorías cabe destacar os campionatos logrados por Amparo Corredoira da At. Lucense con 18:01.87 e Alex Sierpes do Trega con 15:25.15 na categoría Sub18 así como a de Emma Méndez con 18:10.45 e Miguel Alvariño da At. Lucense con 15:20.68 na categoría Sub20.

Nas categoría máster títulos para Clata Millares e Manuel Filgueira na máster 35; Sofia Freaza e Miguel Angel Álvarez na máster 40; Loreto Sambade e Xabier Díaz na máster 45; Soledad Aurora Leiro e Marcelo Lanza na máster 50; Soledad Castro e Alvaro Barral na máster 55; Saturnino González na máster 60 e Nemesio Gutiérrez na máster 65

Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas PC. Ourense, 3 e 4 de febreiro de 2023

Expourense recibiu durante o sábado e o domingo aos participantes do Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas para as categorías absoluta, sub20 e máster

Os campións galegos absolutos desta edición foron Adolfo Saínz-Maza do Real Club Celta quen sumaba logo das sete probas un total de 5.225 puntos e a Sub20 Carmen García das E.D.Lourenzá quen facía o propio no pentatlón feminino con 2.452 puntos e xunto á cal estarían tamén en zona de podio Nerea Lago A.D.CAR 2.372 p. e Eva Salvado  da Gimástica con 2.335 p.

No resto de categorías resultaron gañadores autonómicos Xoel Otero do Mazí na Sub20 con 4.622 puntos;  Belén Iglesias do CD La Purísima na W40 con 2.360 puntos e David Martínez (Indp.) na M40 con 2.170 p.; María Teresa Janeiro do At. Sada na W45 con 2.317 p.; Roberto Tuimil do At. Narón na M45 con 2.552 p.; Purificación Cariñena do At. Millaraio na F50 con 1.929 p. e Juán Luis Paz do At. Sada na M50 con 3.609 p.; Carlos Ferrer do Samertolameu na M60 con 3.125 p. e Julio Escalante do At. Sada na M65 con 2.027 p.

O artigo A Fin de semana deixounos os autónomicos de Marcha, fondo, combinadas e lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Fin de semana deixounos os autónomicos de Marcha, fondo, combinadas e lanzamentos

Mas noticias relacionadas