A flota máster galega pon rumbo ao Campionato de Europa

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de 34 galegas e galegos (18 mulleres e 16 homes) tomarán parte nos Campionatos de Europa Máster que dan comezo no día de mañá na localidade italiana de Pescara

Esta cita, que xuntará aos mellores atletas máster do continente, estará disputándose ata o vindeiro día 1 de outubro e nela a nosa comunidade acude cun destacado número de representantesque tan só superada polas Comundades de por Madrid con 72 inscritos, Cataluña con 60, e Andalucía con 50 inscritos.

Entre a relación destacada de atletas participantes figura a presenza do dobre subcampión mundial na pasada edición de Torun (Polonia) de Pablo Fervenza do Samertolameu quen tomará parte nos 10 Km ruta e na media maratón.

Esther Pedrosa, quen tamén lograba nada menos que catro medallas en Torun, estará novamente na procura de ampliar o seu impresionante palmarés nas probas de 800, 1.500 e 5.000 m.

De igual modo, o vixente campión mundial de marcha nas modalidades de 10 Km. e subcampión nos 3.000 marcha, Juan Manuel Morales do Marineda, loitará por engadir o seu enésimo título internacional sobre as distancias dos 10 K. e 5.000 m.

Na relación destacada de participantes, tamén contaremos cun importantísimo número de campións de España e medallistas, tanto nacionais como internacionais nos últimos anos, quenes estarán na loita directa polos metais.

 

 

 

 

O artigo A flota máster galega pon rumbo ao Campionato de Europa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A flota máster galega pon rumbo ao Campionato de Europa

Mas noticias relacionadas