A Gimnástica suma de dous en dous

Publicado por: F.G. Atletismo

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra logrou esta fin de semana o título de campioa galega de clubs tanto na categoría masculina como na feminina na edición levada a cabo o sábado nas instalacións do CGTD de Pontevedra.

O equipo pontevedrés impúxose con autoridade na categoría masculina revalidando o título do ano pasado e sumando un total de 136 puntos. O segundo posto foi para o Celta Atletismo quen non puido lograr o triunfo como xa fixera na pista indoor, sumando desta ocasión un total de 113 puntos. O Marineda Atlético con 91 puntos lograba o último posto de podio.

Sergio Rodríguez nos 200 m., Pedro Osorio nos 1.500 m., Adrián Pastoriza en altura, Sergio Coello na lonxitude, Victor Gallego no disco, Jonathan Correa en xavelina e as remudas dos 4×400 cimentaban o título galego número dez para os do Lérez.

Pola súa banda na categoría femina, e logo dos tres útimos triunfos do Sanysec-Ourense sobre as pontevedresas incluido o encontro de Liga da pasada fin de semana, a Gimnástica lograba sumar o título número sete ás súas vitrinas (1993,1994,1995,1998,2022,2024 e 2026) cun total de 130 puntos. Por parte do conxunto gañador lograron triunfos parciais Andrea Villaverde na lonxitude; Lía Caride nos 400 valos; Lara López nos 400 m.;  Gema Dacosta no peso así como as integrantes  das remudas dos 4×400. Xunta as campioas estiveron nos postos de podio Sanysec Ourense con 119 puntos e Celta Atletismo con 114.

Clasificacion Feminina

1ª S.Gimnástica (130 p.); 2ª Sanysec-Ourense (119 p.); 3ª Celta Atletismo (114 p.); 4ª C.Atletismo Sada (101 p.); 5ª C.Atletismo Narón (90 p.); 6ª Lucus Caixa Rural Galega (70 p.) 7ª C.Atletismo Santiago (60 p.); 8º Marineda Atlético (34 p.)

Clasificacion Masculina

1ª S.Gimnástica (136 p.); 2ª Celta Atletismo (113 p.); 3º Marineda Atlético (91 p.); 4ª Lucus Caixa Rural Galega (89 p.); 5ª C.Atletismo Sada (89 p.); 6ª C.Atletismo Santiago (83 p.); 7ª C.Atletismo Narón (78 p.); 8º Sanysec-Ourense (56 p.)

Resultados

Galería de fotos FGA

 

 

O artigo A Gimnástica suma de dous en dous publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Gimnástica suma de dous en dous

Mas noticias relacionadas