A marcha galega pasará esta fin de semana pola Pobra

Publicado por: F.G. Atletismo

A marcha galega terá esta fin de semana novamente no Concello da Pobra o seu Campionato Xunta de Galicia de inverno en pista, ca presenza e participación de moitos das gañadoras galegas e galegos da edición do ano pasado.

A ausencia dos irmáns internacionais Antía e Dani Chamosa como baixas importantes, non restará emoción nin calidade a un campionato que contará cas actuacións dalgúns das nosas e nosos mellores marchadores á cabeza dos cales estará o campión mundial e europeo máster, Juan Manuel Morales do Marineda Atlético quen parte como favorito para lograr o título galego absoluto. Xunto ao coruñés contarase na categoría feminina ca campioa europea de marcha Sub18 por equipos, e unha das nosas grandes promesas, Aldara Meilán da Atlética Lucense quen xa lograba o subcampionato autonómico o ano pasado. Alba Pérez do Atletismo Negreira será outra das atletas que estará na loita polas medallas.

No tocante á categoría máster está confirmada a presenza de varios dos campións galegos da edición pasada entre os cales se atopan, Carlos Morales do Ourense Atletismo na M35,  Emilia Rodríguez do Atletismo Sada na  W45 así como Soledad Pousa do Ourense Atletismo e Manuel Polo do Atletismo Narón na master-50

A canteira, presente en A Pobra

Nas categorías inferiores estarán de igual modo os campións galegos do ano pasado Noa Abelleira do Lucus Caixa Rural e Nicolás Collazo do Ames Atletismo na Sub18; Alicia Espina e Antón Díaz do Atletismo Narón na Sub14; Thiago Ceide da Atlética Lucense na Sub12 así como as irmáns Alba Morales e Paula Morales do Marineda Atlético na Sub16 e Sub10 respectivamente.

O campionato desenvolverase o domingo no Estadio de Anta a xormada única, dando comezo as 10.30 horas e rematando sobre as 13:30 horas ca entrega de medallas.

O artigo A marcha galega pasará esta fin de semana pola Pobra publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A marcha galega pasará esta fin de semana pola Pobra

Mas noticias relacionadas