A Serra do Barbanza acolle o galego de Trail esta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo organiza este domingo a traves da súa Delegación en Santiago, en colaboración ca Asociación Deportiva do Barbanza e co patrocinio do Concello de A Pobra do Caramiñal o VI Campionato de Xunta de Galicia de Trail.

Esta cada vez máis importante e numerosa cita, disputarase tanto na modalidade de individual como na de por equipos e na que logo do parentese obrigado do ano pasado, volve con máis forza que nunca cunha participación de preto de cen participantes.

Entre os mesmos destaca a presenza do campión galego absoluto da última edición Rubén Martínez do Atletismo Negreira quen terá que defender o su titulo diante do seu irmán Carlos Martínez  subcampión galego no ano 2019 e pertencente ao mesmo club. Diante deles estará Iván Roade do ADAS Proinor actual campión galego de montaña, quen aspira a lograr tamén este título.

De igual modo figuran na relación de inscritos o campión galego máster 50 Juan Rivas Castro do Cambados-Seguros Noval e Juan Camean do Veteranos de Samil quen defende o título na máster 60

Por parte femenina o mais salientable será a presenza da subcampioa galega absoluta Eva de la Fuente do Brión-Hyupersa Santiago así como a da campioa galega de Trail e subcampioa de Montaña máster 50 Monserrat Carreira do Comesaña S.C

O artigo A Serra do Barbanza acolle o galego de Trail esta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Serra do Barbanza acolle o galego de Trail esta fin de semana

Mas noticias relacionadas