AECC OURENSE LA CARRERA MÁS LARGA DE LA HISTORIA

Publicado por: Ourense Atletismo

A NOSA CARREIRA NUNCA PARA

A AECC organiza cada ano as súas carreiras EN MARCHA contra o cancro, unha iniciativa na que se reúnen miles de persoas por unha mesma causa: a loita contra o cancro.

Este ano, e por mor desta situación que estamos vivindo co coronavirus, a nosa carreira será virtual e TODOS E TODAS sumaremos desde as nosas casas.

Participa na Carreira Solidaria Máis Longa da Historia, unha carreira que se corre na casa para demostrar que xuntos podemos acabar con esta situación e axudar así na loita contra o cancro.

Como podes participar?

1. Adquire o teu DORSAL aquí:
https://www.aecc.es/es/la-carrera-mas-larga/ourense

2. Sube a túa storie correndo na casa, só ou acompañado.

3. Etiqueta a @aecc.ourense @aecc_es e usa o cancelo #LaCarreraMásLarga.

 

Cantos máis pasos xuntemos, máis longa será a carreira.


Enlace con la noticia original: AECC OURENSE LA CARRERA MÁS LARGA DE LA HISTORIA

Mas noticias relacionadas