Publicado por: S.G.Pontevedra
Xa podemos darvos máis detalles dunha das citas máis agardadas do ano!! A San Silvestre de Pontevedra 2025 arranca este luns, 01 de decembro, co inicio das inscricións.
Na nosa web tedes o regulamento completo para poder descargalo (inclúe mapa do percorrido), pero dámosvos unhas pistas para ir abrindo boca!!
QUÉ FACER PARA PARTICIPAR NA SAN SILVESTRE?
- Coller un kilo de alimento non perecedeiro por cada inscrición que vaia realizar.
- Se eres quen se encarga de gardar os abrigos dos que participan e ademais vas inscribilos, asegúrate de levar no whatsapp ou no mail unha foto do DNI de toda a xente que vas inscribir.
- Se vas inscribir a un menor, asegúrate de ter tamén a foto do DNI do titor legal que se fará cargo durante a carreira.
- Dirixirte ós lugares de inscrición con tempo e paciencia. Non o deixes para o último día coma sempre…
- Do 01/12 ó 26/12, na tenda Miler (R/ Peregrina 6, soto – Pontevedra) de 10:30 a 13:30 e 17 a 20 horas de luns a sábado (ollo, o 25/12 estará pechada).
- Do 27/12 ó 31/12, en Rúa Castelao 3, baixo. OLLO ós horarios:
- 27, 29 e 30, de 10:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30
- 28 (domingo) e 31 (día da carreira), SÓ de 10:30 a 13:30 horas.
- Sorrí á persoa voluntaria que che inscribirá, dalle os datos e déixalle o kg de comida por dorsal.
- Antes de marcharte, asegúrate de levar o dorsal e colle imperdibles se precisas.
- Se o consideras, o club agradéceche se queres deixar un donativo para continuar realizando actividades de promoción do atletismo como esta.
LEMBRÁMOSVOS QUE ESTÁ PROHIBIDO CORRER SEN DORSAL
Nos lugares de entrega de dorsais tamén poderedes adquirir a camiseta oficial deste ano.
EN QUÉ CONSISTE A SAN SILVESTRE DE PONTEVEDRA?
Realízase un percorrido polas rúas da zona histórica da cidade, de aproximadamente 3.900 metros, maioritariamente chá, accesible para todo tipo de persoa e condición, apto para realizar con cadeiras de rodas, nenos pequenos e silliñas. Por suposto podedes realizalo andando!
Antes da carreira, ás 16:15 horas, poderedes participar nunha masterclass de Zumba que virá ben para facer un bo quecemento e entrar no espíritu de festa deste evento.
A saída e chegada serán na Avenida Montero Ríos (diante do edificio da Deputación), ás 17 horas.
Como vos dixemos, hai un regulamento para consulta (de moi recomendada lectura), e aí existe unha orde de saída que pregamos se respete pola seguridade de todos:
- Corredores pedestres
- Menores
- Cadeiras de rodas, silliñas, persoas de mobilidade reducida.
HAI PREMIOS?
Sí, para os tres primeiros corredores (masculino e feminino) e para os mellores disfraces. Non hai clasificación da carreira más alá destes postos.
O primeiro de cada categoría recibirá un lacón e os segundos e terceiros postos levarán un lacón.
O mellor difraz individual recibirá tamén un lacón e o mellor disfraz coletivo recibirá outro lacón para compartir entre todo o equipo.
Igualmente, como cada ano, dous dos nosos colaboradores (Froiz e A Devesa) terán un detalle cos participantes que rematen a proba e leven dorsal ATA ESGOTAR EXISTENCIAS.
Esta carreira, como cada ano, ten carácter solidario en colaboración co Banco de Alimentos de Pontevedra. Se aínda queredes aportar algo máis, o mesmo día da carreira estarán os propios voluntarios da entidade na liña de saída recollendo toda achega que queirades realizar.
Xa podedes pedirlle a Papá Noel o voso dorsal solidario para despedir o ano facendo deporte e divertíndovos xuntos!!
Enlace con la noticia original: Agora sí! Arranca a XLII San Silvestre de Pontevedra! (2025)
