Aluvión de medallas para os nosos máster en Salamanca

Publicado por: F.G. Atletismo

Nada menos que un total de 53 medallas (21 ouros, 13 pratas e 19 bronces) e 17 récords galegos sería o excelente resultado que trearían consigo a ampla representación de atletas máster que tomaron pare esta fin de semana en Salamanca no seu Campionato Nacional de Pista cuberta.

Entre os récords galegos salientamos a da atleta do ADAS-Proinor Mónica Yáñez quen na categoría W-40 colleitaría os de altura e pentatlón con 1.47m. e 3.297 puntos respectivamente. José Cidrás do Comesaña S.C. na M-70 pola súa banda establecería os topes autonómicos nas probas de 60 m. e 200 m.con 9.91 e 32.21.

En canto a metáis Raquel Lameiro do ADAS-Proinor na categoria W-40 colgaríase os ouros de lonxitude con 5.07 (récord galego) e de triplo con 10.78 m. o mesmo que a santiaguesa do Universidade Esther Pedrosa quen faría o propio na categoría W-55 cas probas de 1.500 m. con 5.11.53 (récord galego) e de 3.000 m. con 11.16.70. De igual modo meritorios ouros para Luz Domínguez de As Burgas  quen pasaría de estar ingresada fai unhas semanas no hospital a acadar os trunfos de 400 m. con 1:10.37 (novo récord galego) e dos 800 m. con 2:41.71 na categoría W-55.

Estos resultados melloran amplamente o balance de medallas acadados o ano pasado no Campionato de España de pista cuberta que se disputaría en Gijón e na que os nosos representantes traerían de volta 46 metáis (11 ouros, 18 pratas e 17 bronces)

Resultados

Resumo máster Salamanca

O artigo Aluvión de medallas para os nosos máster en Salamanca publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Aluvión de medallas para os nosos máster en Salamanca

Mas noticias relacionadas