Ana Peleteiro acrecenta a súa lenda

Publicado por: F.G. Atletismo

Un novo capítulo máis da historia do atletismo galego se escribiu no día de hoxe sobre a pista cuberta de Glasgow na celebración do Campionato do Mundo Indoor.

Novamente Ana Peleteiro daba todo un recital de motivación, entrega e determinación no foso de triplo do Emirates Area para lograr un metal de bronce sobre o mesmo esciario que xa no ano 2019 a proclamaba campioa de Europa

Nun concurso sensacional, no que tres saltos estiveron por encima dos 14.50 m. (13.93/14.67/14.64/X/14.75/14.41) a de Ribeira foi quen de reivindicar a súa enorme calidade, consolidando o seu regreso a alta competición logo da súa maternidade e de paso, amosando credenciais de cara aos vindeiros Xogos Olímpicos como seria aspirante a prácticamente todo.

O concurso foi finalmente gañado pola atleta de Dominica Thea Lafond con 15.01 m. correspondendo a medalla de prata á representante cubana Layanis Pérez con 14.90 m.

Suma e segue

Con este novo metal, Peleteiro convírtese nunha das mulleres da historia do atletismo español con máis títulos a nivel internacional.  Os seus actuais 28 anos, son garante de futuros grandes éxitos se temos en conta que tanto a nivel mental como físico, se atopa no mellor da súa carreira deportiva.

Palmarés internacional máis destacado

  • Bronce no campionato do mundo Sub18 no 2011
  • Campioa do mundo Sub20 no 2012
  • Bronce no campionato de Europa Sub20 no 2013 e Absoluta no 2018
  • Prata no campionato de Europa Sub23 no 2017 e absoluto no 2021
  • Bronce no campionato do Mundo Indoor no 2018 e 2024
  • Campioa de europa absoluta indoor no 2019
  • Bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio-2021

O artigo Ana Peleteiro acrecenta a súa lenda publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ana Peleteiro acrecenta a súa lenda

Mas noticias relacionadas