Ana Peleteiro e Adrián Ben, estarán en Doha

Publicado por: F.G. Atletismo

Confirmouse no día de onte a través da RFEA a selección que acudirá ós Campionatos do Mundo de Doha en donde, e como xa era sabido, estarán tomando parte os/as atletas Ana Peleteiro no concurso de triplo e Adrián Ben na proba dos 800 m.

A riveirense afronta estes campionatos ca madudez e ca calidade suficiente para poder aspirar a todo. O seu rexistro de 14.73 m. de pista cuberta, fan dela unha seria aspirante a un podio que xa coñece de sobras xa que serían nada menos que nove veces as que estaría nos postos de honra nos distintos campionatos internacioanis disputados ó longo da súa traxectoria.

Este ano saltaría ata os 14.59 m. ó aire libre o que a colocan de oitava no ranking mundial que encabeza a súa compañeira de adestramentos, a venezolana Yulimar Rojas cun rexistro de 15.41 m. que a convirten en principal favorita ó titulo mundial.

Na proba dos 800 m. estará na línea de saída Adrián Ben no que que representerá a súa estrea nunha cita destas características ca absoluta. O de Viveiro que ben de facer unha tempada magnífica nas distancias tanto dos 800 m. como na dos 1.500 m. marcou un excelente campionato de España que lle permitiu lograr a medalla de prata, refrendando con elo a súa presenza en Doha. O seu rexistro deste ano de 1:45.78, colócano no posto sesenta e un do ranking mundial dunha proba onde estará acompañado na selección por Alvaro de Arriba e Mario García.

O artigo Ana Peleteiro e Adrián Ben, estarán en Doha publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ana Peleteiro e Adrián Ben, estarán en Doha

Mas noticias relacionadas