Angrois pon punto e peche ao Corresán 2025

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de mañán A Ruta da Prata-Angrois será o escenario da celebración da quinta e última etapa correspondente ao Circuito de Carreiras Saudables Corresan2025 que este ano chegaba a súa novena edición.

Durante un total de catro probas previas que pasaban polo Barrio do Conxo, Nocturna Cidade vella, Ruta dos parques eBarrio de San Pedro, varios milleiros de participantes tomaban parte nesta edición que volve pechar cun récord de participación e que o consolidan como un dos circuitos urbanos con máis importancia dentro do calendario oficial de competición autonómico.

Lembramos que o Circuito Corresán naceu fai nove anos como un elemento para concienciar á cidadanía sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida entre os seus practicantes. Baixo a idea e patrocinio do Concello de Santiago e a organización da Federacion Galega, a gran acollida que tivo animou a seguir apostando ano tras ano por este formato que atende as demandas e necesidades do gran colectivo atlético de ruta da comarca de Santiago e arredores.

Etapa decisiva

A carreira absoluta desta última etapa, dará comezo mañá sábado ás 17:000 horas baixo unha distancia de algo máis de 5.000 m. e servirá para determinar quenes serán os atletas que sucedan no palmarés tanto a Marta Fernández da S.D. Compostela na categoría feminina, como a Yago Ignacio García do Atletismo Santiago na masculina, actuais campións da pasada edición.

Corresán. Carreirade Angrois

O artigo Angrois pon punto e peche ao Corresán 2025 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Angrois pon punto e peche ao Corresán 2025

Mas noticias relacionadas