Antía, Leticia e Adi, encabezan o cartel feminino do absoluto

Publicado por: F.G. Atletismo

Pouco a pouco as grandes competicións da tempada atlética van chegando ao seu fin momento no cal serán os Xogos Olímpicos quenes marcarán en breve, a axenda principal do noso deporte.

Malia elo, este domingo o atletismo galego volverá xuntarse nas pistas viguesas de Balaidos para disputar o evento máis importante do seu calendario como é o Campionato Xunta de Galicia Absoluto.

Con algunhas ausencias importantes xustificadas por esa gran cita olímpica, repasamos as actuacións máis salientables que poderemos ver na categoría femenina.

A velocidade contará ca presencia destacada da futura paralímpica nos Xogos de Tokio e plusmarquista galega dos 100 e 200 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural quen estará tomando parte en ambas distancias. Ante a ausencia da campioa de España Sub18 de pista cuberta nos 200 m. Ainhoa Reparaz, será Cristina Garrido da Gimnástica nos 100 m. e Andrea Pais do A.F. Celta nos 200 quenes loiten directamente ca lucense.

Nos 400 m. a flamante plusmarquista galega Sub20 María Fernández do Riazor Coruña, parte a priori como a clara favorita ao título galego ao igual que María Carballido do Friol quen acude cuns destacados 2:12.85 a esta cita autonómica nos 800 m.

Laura Santos do Lucus Caixa Rural non debería ter problema nos 1.500 m. onde estarán moi disputadas o resto de medallas entre Sandra Mosquera do Comesaña e Paula de la Torre da Gimnástica. Precisamente a internacional sandra Mosquera, quen tamén figura inscrita nos 5.000 m., podería intentar competir tamén sobre esta distancia na que por rexistro parte como clara favorita.

Nos obstáculos Ana García do ADAS intentará continuar ca tradición da comarca valdeorresa de facerse co título sobre esta proba. Continuando cos valos, Lucía Ferrer da Gimnástica será quen xunto a Teresa Rodríguez do Riazor Coruña, protagonicen unha fermosa loita polo título galego, que terá a súa continuidade nos valos longos donde poderemos presenciar un dos pratos fortes do campinato con ese duelo interesantísimo entre Lucía Ribadulla do Ria Ferrol con 1:11.11 e Belén García do ADAS Proinor quen acude logo do seu recente bronce no nacional Sub23 con 1:11.54.

Na alturas dúas subcampioas de España loitarán pola medalla de ouro. Por unha banda Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos acude logo de instalarse na barreira do 1,70 e co título de subcampioa de España en combinadas indoor. Xunto ela estará a subcampioa de España de Pista Cuberta Sub16 do ano pasado, Carlota Salgado do A.Feminino Celta quen acude con 1.66 m.

Na pértega Bea Viteri, que en ausencia de Victor Gallego é a atleta que máis medallas acumula nos Campionatos de Galicia absolutos, intentará ir a por un novo ouro que engadir ao seu palmarés, malia que delante dela terá a actual campioa galega Lola Bouza do ADAS Proinor quen estará saltando para acadar o mesmo obxectivo.

A lonxitude terá como indiscutible protagonista a Campioa de España absoluta e plusmarquista galega Leticia Gil quen estará compartindo foso con Olaia Guisela Becerril, chegada recentemente de Estados Unidos, e de Lucía Sánchez del Valle, as cales estarán na loita polas medallas.

No triplo a campioa de España de pista cuberta Sub18 e finalista no nacional absoluto de aire libre Alba Cuns do Playas de Castellón terá algo mais doado o campionato ante a susencia da súa máxima rival Diaou Diallo do Ría Ferrol.

Os lanzamentos amosarán auténticos pratos fortes como o concurso de peso, onde contaremos con Raquel Vila do Atletismo Femenino Celta que acude con 12,73 m. e os 12,61 m. da subcampioa de España de pista cuberta Sub18 Xiana Lago do Ría Ferrol. Esta mesma atleta tomará parte no concurso de disco con claras opcións de podio nunha modalidade domiñada por María Ezquerro do C.Atletismo Sada quen se achega este ano cunha MM de 41.52 m.

A xavelina será outro dos grandes momentos na que intervirá, sen dereito a medalla, a cubana residente na Coruña, Yulenmis Aguilar do Atletismo Sada quen gañaba recentemente o concurso no Campionato de España de Federacións Autónomicas ca selección Galega e onde lanzaba ata unha das súas MMP de sempre 59,05 m. Xunto ela poderemos seguir á recente campioa de España Sub20 Paula Piñón do A.F. Celta, quen lanzaba nada menos que ata os 46,62 m. así como a da internacional Andrea González da Gimnástica na loita por unha das medallas desta importante modalidade no noso atletismo.

No martelo a presenza de Irene Gómez no Campionato de Europa Sub20 deixa lugar a que tanto Marta Neira do AVA como Blanca Pereira do Ourense Atletismo estén na disputa directa polo título galego.

Sen lugar a dúbidas unha das máis importantes atraccións dos campionatos será a presenza de Antía Chamosa na proba dos 5.000 marcha logo do súa fantástica medalla de bronce nos pasados Campionatos de Europa Sub23 de Tallín sobre a proba dos 20 km. A marchadora novamente e como nela é habitual, amosa o seu compromiso co atletismo galego tomando parte e aportando calidade á cita máis importante do ano.

Por último nesta categoría feminina,  os relevos tanto dos 4×100 m. como nos 4×400 m. porán o punto e peche a esta cita que promete moita emoción e vistosidade.

O artigo Antía, Leticia e Adi, encabezan o cartel feminino do absoluto publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Antía, Leticia e Adi, encabezan o cartel feminino do absoluto

Mas noticias relacionadas