As combinadas, a ruta e os Sub16 centran a atención nesta fin de semana.

Publicado por: F.G. Atletismo

Pontevedra e Riveira volverán a ser as sedes, como xa o fixeran o ano pasado, dos Campionatos de Galicia de Combinadas e de media maratón que durante esta fin de semana centrarán a atención dos afeccionados ó atletismo.

A cidade do Lérez  acollerá o sábado e domingo un campionato na que tomarán parte atletas das categorías de cadete en adiante. Nos homes e como favorito ó título absoluto, contarase ca presenza do céltico Adolfo Sainz Maza sendo Carolina Puchmertlova (bronce o ano pasado) Lucía Seijas ou mesmo a internacional Antía Queimaño as encargadas de poñer emoción na categoría feminina. As probas darán comezo o sábado as 15:30 horas para rematar o domingo as 13:00 h.

Xa no Campionato de Galicia de Media Marathon un total de 194 inscritos aspirarán ó titulo autonómico para as categorías Sub20 en adiante a na que a presencia na línea de saida de Manuel Hurtado, Elías Dominguez ou Jorge Crespo entre outros, garanten unha proba moi aberta. Nas mulleres o Comesaña a través das súas atletas Sofía Freaza (subcampioa o ano pasado) , Sole Castro ou mesmo Patricia Feijoo, aspira a copar as tres primeiros postos de podio. A saida desta proba será as 10.00 horas dende a localidade de Aguiño en Riveira.

Para rematar este intenso fin de semana, ata a localidade gaditana de San Fernando viaxarán un total de 20 atletas que disputarán o Campionato de España Sub14. A expedición galega tentará mellorar a medalla de bronce e os tres postos de finalistas acadados o ano pasado en Valladolid.

Inscritos Galego de medio marathon

Inscritos Galego de combinadas

Inscritos Sub14 nacional

 

O artigo As combinadas, a ruta e os Sub16 centran a atención nesta fin de semana. publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: As combinadas, a ruta e os Sub16 centran a atención nesta fin de semana.

Mas noticias relacionadas