Publicado por: S.G.Pontevedra
Máis de 2000 persoas correrán o próximo 19 de outubro polas rúas de Pontevedra. En total, hai 2035 persoas anotadas no Gran Fondo Caixabank.
De esas, 1196 correspóndense co medio maratón, quedando tan so 4 prazas sen cubrir; e nos 10km en total sairán 665 corredores. Ás 600 prazas ofertadas para os atletas na distancia curta, hai que sumar 65 militares do exército de terra (BRILAT) correspondentes á Brigada “Galicia” VII que, como cada ano, correrán e animarán cos seus cánticos durante a proba. Por tanto, por segundo ano consecutivo se colgou o cartel de completo nos 10km. O ano pasado, ademais, ofertáranse 500 prazas, 100 menos que nesta edición.
Na proba de menores haberá un total de 147 rapaces e rapazas que se colocarán na liña de saída. Nesta proba as inscricións aínda están abertas ata o xoves, polo que a cifra total dos corredores do Gran Fondo Caixabank pode seguir aumentando.
Con estes rexistros tan positivos pecha o período de inscrición para a 43º edición do Gran Fondo Caixabank, tras máis de 7 meses aberto, posto que todos os interesados tiveron a oportunidade de apuntarse a partir do 3 de marzo de este ano.
Lembramos que o ano que contou con máis corredores foi o 2016 ao chegar a 1987 participantes. Entón so había proba de medio maratón e ese ano coincidiu, ademais, co Campionato Galego da distancia.
A carreira
Lembramos que o Gran Fondo Caixabank celebrarase o próximo 19 de outubro a partir das 10h da mañá. Primeiro correrán os máis pequenos para culminar o evento ás 11:00h coa carreira do medio maratón
O próximo venres 17 de outubro ás 20:30h terá lugar a tradicional quedada para dar unha volta ao percorrido. É de acceso libre e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asumible co obxectivo de dar a coñecer todo o percorrido. Os interesados terán que acudir con prendas de cores rechamantes.
Enlace con la noticia original: As inscricións do Gran Fondo Caixabank pechan cuns rexistros de récord
