Publicado por: F.G. Atletismo
Alcobendas acolle esta fin de semana a celebración do Campionato de España máster para as modalidades de Pentathlon de lanzamentos, Probas Combinadas, 10.000 m. e milla en ruta, a onde están chamados a tomar parte un total de dezanove atletas galegos.
Entre os mesmos estarán participando os campións de España da pasada edición Ángeles Rodríguez na W65 e Xulio Ventín na M60 do At. Sada en pentatlón de lanzamentos así como Carlos Ferrer do Samertolomeu en decatlón M65.
Pola súa banda, María Soledad Aurora do SD Compostela na F50 intentará revalidar o seu título de milla logrado o ano pasado, ao igual que Esther Pedrosa do Dawako na categoría F60 sobre as modalidades de milla e 10.000 m.
Foto, RFEA
O artigo As máster galegas e galegos na procura de bos resultados en Alcobendas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: As máster galegas e galegos na procura de bos resultados en Alcobendas