As novas pistas de Marín reciben o galego dos 10.000 m.

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de setente e un atletas serán os que tomarán parte este domingo no Campionato de Galicia dos 10.000 m. que poderemos presenciar  a partir das 10.45 horas nas pistas marinenses de A Raña.

Este campionato, que tamén celebra o autonómico dos 5.000 m. para as categorías masculinas Sub18 e Sub20 e feminina Sub20, servirá para a inauguración oficial das pistas atléticas que dotarán a comarca de maiores infraestructuras. Do mesmo modo é xusto lembrar que de aquí é Carlos de la Torre, un dos máis importantes corredores galegos da distancia que chegaría a tomar parte nos XX.OO de Barcelona-92 e Atlanta-96

Presencia de atletas destacados

No apartado competitivo e como atletas destacados, tomarán parte Ariana González do Trega quen defenderá sobre o sintético de Marín o seu título absoluto acadado nas dúas últimas edicións. Sonsoles Martín do ADAS Proinor,  tentará repetir triunfo este ano na Sub20, o mesmo que o independiente José Manuel Vilasuso na M45.

Xunto eles contarase ca presenza dos tamén medallistas do ano pasado nas distintas categorías, Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega, Amadeo Abal do Verxel Nutrición, Santiago Piñeiro do A.Samertolameu  e Bilal Dahmouni da Atlética Lucense. Manuel Hurtado da Gimnástica, quen xa se impuxera no 2017, será un dos serios aspirantes o título autonómico absoluto.

O artigo As novas pistas de Marín reciben o galego dos 10.000 m. publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: As novas pistas de Marín reciben o galego dos 10.000 m.

Mas noticias relacionadas