AS SUB14 SUBCAMPIOAS GALEGAS

Publicado por: Ourense Atletismo

Moi bo sabor de boca tanto para o equipo feminino como para o masculino no Campionato Galego de Clubs Sub14 ao aire libre celebrado en Pontevedra. Ambos os clubs remataron no posto polo que partían por estadillo ao rematar os homes na quinta praza e as mulleres na segunda posición. Ambos os dous campionatos foron moi disputados, e as opcións de podio dos rapaces non se pecharon ata as últimas probas.

Entre os tres primeiros quedaron os seguintes atletas:

  • Enol Lorenzo 1º en xavelina con 27.00
  • 4×80 masculino 2º formado por David García, Alejandro Blanco, Nicolás González e Enol Lorenzo cun rexistro de 44.89
  • Walid el Mansouri 3º en 1.000 obstáculos con 3:24.21
  • Carla Pintor, do filial A Estrada, 1ª nos 220 valos con 36.90 e 3ª nos 150 con 20.52
  • Sheila Varela 1ª nos 2000 marcha con 11:31.68 e segunda en xavelina con 20.90
  • Usúe Bernárdez 3ª nos 1000 con 3:29.95 e en peso con 6.60
  • 4×80 feminino 3º co equipo formado por Ana Sierra, Xiana Ortega, Leire Díaz e Naia Bermejo

En definitiva unha magnífica experiencia onde as persoas que están xa na última categoría do deporte escolar mostran que hai un bo relevo xeracional para o club e tamén un magnífico ambiente.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA CLUBS SUB 14

La entrada AS SUB14 SUBCAMPIOAS GALEGAS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: AS SUB14 SUBCAMPIOAS GALEGAS

Mas noticias relacionadas