Atletismo abre a rolda de importantes reunións ca Xunta

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de mañá comezarán unha serie de reunións por vídeo-conferencia entre o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete e as cincuenta e oito Federacións Deportivas Galegas, encamiñadas á revisión dos convenios bilaterais asinados por cada un delas co organismo Autonómico logo das importantes modificacións deportivas que se están a producir neste ano 2020

A Federación Galega de Atletismo será precisamente quen abra esta importante reunión á fronte da cal estará o seu presidente Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral,  Carlos Castro e a Tesoureira Yolanda González.

O obxectivo principal será o de expoñer e defender ante o Secretario Xeral toda a actividade efectuada durante o ano 2020, prestando especial atención ó desenvolvemento dos distintos Campionatos Autonómicos en todas as súas modalidades. Para elo, e durante os últimos días, vense de elaborar e preparar un extenso informe onde se xustifica cada un dos puntos asinados no citado convenio e onde se porá de manifesto a importancia de continuar ca vixencia do mesmo.

O artigo Atletismo abre a rolda de importantes reunións ca Xunta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Atletismo abre a rolda de importantes reunións ca Xunta

Mas noticias relacionadas