Bastiagueiro decide o sábado a II Copa Máster de clubs

Publicado por: F.G. Atletismo

Este sábado a partir das 16:00 horas e ata as 20.30, as pistas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro recibirán ós participantes da Copa de Clubs máster que se achega a súa segunda edición.

E esta cita acuden seis equipos na categoría masculina e catro na feminina clasificados por estadillo,  sendo as formacións do Atletismo Sada, Atlética A Silva e Atletismo Narón quenes concurren cun equipo en cada categoría. A maiores estarán La Mochila del Deporte en mulleres así como os conxuntos masculinos do Samertolameu, Beade e Marineda Atlético formación esta última que intentará reter o título acadado o ano pasado nas pistas Universitarias de Elviña.

A nivel de atletas contarase ca presencia e participación dalgúns dos máis destacados máster tanto a nivel nacional como internacional nesta tempadada, sendo o formato de competición a atleta por proba.

Foto de “Ollodexan”

O artigo Bastiagueiro decide o sábado a II Copa Máster de clubs publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Bastiagueiro decide o sábado a II Copa Máster de clubs

Mas noticias relacionadas