Citas nacionais para os Sub14 e Sub16

Publicado por: F.G. Atletismo

Dúas importantes citas nacionais serán as que poderemos presenciar esta fin de semana

Por unha banda teremos o Campionato de España Sub 14 por equipos o sábado en Ciudad Real e a que acuden un total de cinco equipos galegos a tomar parte.

Na categoría masculina serán as formacións do Millaraio e da Atlética Lucense quenes acudan a cidade manchega ca intención de mellorar as posicións acadas o ano pasado onde os santiagueses lograrían un fantástico sexto posto.

Por parte dos equipos femininos será a Atlética Lucense quen tome parte así como a Atlética a Silva e a Agrupación Viguesa de Atletismo formación esta última que remataría na edición anterior no posto décimo terceiro.

A Selección Galega Sub16, na procura de repetir ou mellorar as excelentes actuacións do ano pasado

Por outra banda a Selección Galega Sub16 viaxa ata Moratalaz para tomar parte no Campionato de España de Federacións en Idade Escolar á que acuden un total de dazasete Federacións e un total de 745 atletas.

O obxectivo da expedición pasa por repetir ou mellorar esos excelentes rexistros logrados o ano pasado en Avilés onde os homes quedarían as portas do podiu na cuarta posición, correspondendo a quinta praza a non menos meritoria actuación do combinado feminino.

Serán bazas importantes a participación do líder do ránking nacional nos 3.000 m. Pedro Vázquez do Celta así como a presencia de Lucía Sánchez-del Valle do Franciscanos nos 100 valos, Antón Martínez da E.Atlética Lucense nos obstáculos, Enma Sihuang Pérez do Franciscanos en altura, Alba Cuns do Negreira en triplo, Fernando Vallines de Madeiras Lourenzá e Xiana Lago no peso, Nicolás Ortega do R.C. Celta en disco, Laura Rico do Ria en xavelina e Marta Neira da Agrupación Viguesa en martelo.

Campionato de España Sub14 por equipos

Selección Galega Sub16

O artigo Citas nacionais para os Sub14 e Sub16 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Citas nacionais para os Sub14 e Sub16

Mas noticias relacionadas