Beatriz Fernández e Anxo Castro, domiñan o campionato galego de Media Maratón

Publicado por: F.G. Atletismo

Beatriz Fernández Gil do Atletismo Corredoiras cun rexistro de 1h.24:54 e Anxo Castro do C.D. Atletaria con 1h.07:48 proclámaronse no día de hoxe campioa e campión de Galicia de media maratón na edición desenvolta en Pontevedra.

Nun día de bastante auga pero de moita participación e gañas, a gañadora estivo acompañada no podio por Patricia Varela do At. Arenteiro quen chegaba a línea de meta a tres minutos da gañadora e por Andrea Iglesias do Atletics Fisioterapia San Lázaro que remataba con 1h.28:11. No tocante á categoría masculina o subcampionato galego foi parar ás mans de Carlos Porto da Gimnástica de Pontevedra con 1h.08:10 sendo a medalla de bronce para Fernando Rial do Atletismo Santiago con 1h.08:40.

Compre salientar que a gañadora desta edición, lograba fai apenas dous fins de semana en A Coruña, proclámarse campioa de Galicia de Maratón colleitando así os dous títulos máis importantes do calendario autonómico de ruta.

No que atinxe á clasificación por equipos resultaron gañadores o Atletismo Ribadeo en mulleres correspondéndolle o título nos homes á Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

O resto de campioas e campións galegos foron os seguintes:

  • Absoluta. Beatriz Fernández (A.Corredoiras) e Anxo Castro (C.D.Atletaria)
  • Máster40. Beatriz Fernández (A. Corredoiras) e Javier Paredes (Ourense At.)
  • Máster45. Nati García (C.A.Sada) e Jordi Carrasco (SD Compostela)
  • Máster50. Mª Elena Miguéns (C.A.Sar) e Salvador Domínguez (A.F.San Lázaro)
  • Máster55. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Santiago Falcón (C.A.Cambados)
  • Máster60. Manuel Suárez (Vet.Samil)
  • Máster65. Lupe Vilar (C.A.Cambados) e José Jardón (Vet. Samil)
  • Máster70. Domingo Álvarez (Egovarros)

Reyes Estévez centrou toda a atención

Como dixemos, este campionato de Galicia desenvolveuse conxuntamente ca XXVII Medio Maratón de Pontevedra-XL Gran Fondo Caixabank que tivo na figura do triolímpico Reyes Estévez a súa máxima atracción. O catalán lograba ademáis o triunfo cun rexistro de 1h.07:44 sendo a gañadora  femenina  Marta Prieto cun crono de 1h.22:23.

Paralelamente desenvolveuse unha proba de 10k cuxas gañadoras foron Begoña Domínguez con 39:49 e Roi Estevez con 32:11 en homes

O artigo Beatriz Fernández e Anxo Castro, domiñan o campionato galego de Media Maratón publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Beatriz Fernández e Anxo Castro, domiñan o campionato galego de Media Maratón

Mas noticias relacionadas