BO CONCURSO DE ROI PRIETO COA SELECCIÓN

Publicado por: Ourense Atletismo

Boa actuación de Roi Prieto representando a Galicia no Campionato de España de Federacións Sub16 celebrado esta fin de semana en Pamplona.

O pupilo de Mario González logrou unha marca de 1.65 metros, a tan só 3 centímetros da súa marca persoal, fallando a altura de 1.70. Tendo en conta a altura da tempada na que nos atopamos, trátase dunha magnífica actuación, e que alimenta as esperanzas dun bo ano 2023.

O seu posto individual foi o 11º, co que axudou á consecución da 6ª praza da Selección Galega en dito campionato.

Pódense consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

Salto de altura homes final

La entrada BO CONCURSO DE ROI PRIETO COA SELECCIÓN apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: BO CONCURSO DE ROI PRIETO COA SELECCIÓN

Mas noticias relacionadas