Publicado por: Ourense Atletismo
Presentouse a convocatoria e as novas bases que rexerán o procedemento de concesión de Bolsas a Deportistas individuais 2.018. Estas bolsas estan indicadas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante a tempada.
Os criterios de valoración diferencian entre:
-
Cualificación, para maiores de 18 anos. Segundo a disciplina deportiva (olímpica ou non) e segundo o resultado da mellor competición do ano, de cumprir os requisitos fixados nas bases, percibirán unha bolsa económica de xeito directo.
-
Iniciación, para menores de 18 anos. Segundo a disciplina (olímpica ou non) e segundo o resultado da mellor competición do ano, de cumprir os requisitos fixados nas bases, percibirán unha bolsa en material deportivo de xeito directo. Se modifica polo tanto a bolsa económica para estes deportistas menores, pois, entenden os técnicos que non resulta positivo que o xoven deportista se acostume ás retribucións económicas pola súa actividade deportiva.
Enlace con la noticia original: Bolsas a deportistas individuais 2018.