Bos resultados no campionato de España indoor máster

Publicado por: F.G. Atletismo

Vintecatro medallas (9 ouros, 9 pratas e 6 bronces), vintecinco postos de finalistas e 6 récords galegos foi o balance da actuación galega no Campionato de España de pista curta celebrado durante esta pasada fin de semana na localidade malagueña de Antequera e na que Galicia remataba no sexto posto do medalleiro por comunidades.

Os novos récords galegos producíronse practicamente todos no sector de velocidade no que tanto Javi Cancela do At. Narón nos 60 m. con 7.08 como Sergio Rodríguez da Gimnástica nos 400 m. con 50.01 lograban mellores marcas galegas na categoría M35.

Javier LLopis do At. Sada por partida dobre conseguía baixar o tope galego na M50 tanto nos 60m. con 7.63 como nos 400 m. con 56.33 ao igual que José Cidrás do San Miguel de Marín quen facía o propio nos 60 m. da M75 con 10.00. Por último en combinadas era Victor Méndez do At. Rías Baixas na M45, quen lograba unha mellor marca galega con 2.869 puntos.

No resto de actuacións, compre salientar os postos de podio logrados por:

Medallas de ouro

  • Basi Bernárdez da At. A Silva na M50 na lonxitude e no triplo
  • Sergio Rodríguez da S. Gimnástica na M35 dos 200 m. e 400 m.
  • Javi Cancelas At. Narón na M35 dos 60 m.
  • Clara Millares El Canario na F40 de pentatlón
  • Miguel Gómez do Celta At. na M40 dos 60 m.
  • Juan Morales del Castillo do Marineda At. na M45 dos 3000 marcha
  • Domingo Álvarez do Burgas Ou. na M65 dos 400 m.
  • Ramiro Méndez  A Gándara na M65 dos 800 m. e 1500 m.
  • Jose Cidrás do S.M.Marín na M75 dos 200 m.

Medallas de prata

  • Miguel Gómez do Celta At. na M40 dos 200 m.
  • Victor Méndez do Rias Baixas na M45 dos 60 v. e no pentatlón
  • María Mesías doRiazor Coruña na M45 dos 60 m. e 200 m.
  • Olga Vicente do San Ciprián na M45 dos 60 v.
  • Lucía Ferreiro do At. Sada na F45 de pértega
  • Lina García do At. Sada na F55 dos 800 m.
  • Ángeles Rodríguez de A Silva na F65 de peso
  • Domingo Álvarez do Burgas Ou. na M65 dos 800 m.
  • Jose Cidrás do S.M.Marín na M75 dos 60 m. e no peso

Medallas de bronce

  • Amador Pena do At. Obradoiro na M40 dos 3000 m.
  • Lucía Ferreiro do At. Sada na F45 de triplo
  • David López do At. Sada na M50 de altura
  • Montse Fernández do At. Sada na F55 dos 200 m.
  • Fernando Míguez do At. Sada na M55 do triplo.
  • Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 dos 800 m. e dos 3.000 m.

Foto. RFEA

Resultados

O artigo Bos resultados no campionato de España indoor máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Bos resultados no campionato de España indoor máster

Mas noticias relacionadas