BRONCE NO GALEGO DE CROS POR EQUIPOS

Publicado por: Ourense Atletismo

O equipo masculino do Club Ourense Atletismo logrou na vila de Foz o bronce no Campionato Galego de Cros por equipos na categoría absoluta despois dunha fantástica actuación dos nosos atletas.

O equipo conformado por Rubén DizJuan CacharroJavier ParedesAlejandro CadayaEnrique Martínez, Alejandro LópezMiguel Ángel Álvarez logrou o trofeo de bronce quedando a tan só dous puntos do ADAS O Barco.

Os mellores resultados individuais foron os de Rubén Diz e o de Juan Cacharro, quedando en cuarta e sétima posición respectivamente, con tempos de 27:13 e 27:39.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de campo a través absoluto, sub23, sub20, sub18, sub16 por equipos, e de relevos mixto

La entrada BRONCE NO GALEGO DE CROS POR EQUIPOS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: BRONCE NO GALEGO DE CROS POR EQUIPOS

Mas noticias relacionadas