Publicado por: F.G. Atletismo
Un total de vinte lanzadores daranse cita nas pistas do CGTD de Pontevedra o domingo a partir das 09.45 horas, para tomar parte no IV Campionato de Galicia de pentatlon de lanzamentos máster.
Na relación de inscritos que sairán a concursar, cabe salientar a presenza da biolímpica en Atlanta-1996, Sydney-2000 e subcampioa mundial en Gothenburg 95, Felicea Tilea do Scorpio-71 quen tomará parte na categoría máster 50. Emilia Mesa do Ourense Atletismo récordman nacional e múltiple medallista internacional na categoría máster 65, será outra das concursantes destacadas.
De igual modo tamén estarán nas pistas do CGTD Carlos Ferrer e Irene Fernández do Atletismo Narón, Antonio Javier Pereira do Cuntis e Irene Fernández do Narón, todos eles e elas gañadores galegos o ano pasado neste mesmo escenario e campionato.
Lembramos que este autonómico está formado por un total de cinco concursos (martelo, peso, disco, xavalina e martelo pesado) sendo obrigatorio ter polo menos un rexistro de tres probas para aspirar ó título.
Campionato de Pentatlon máster
O artigo Campionato de Galicia de Pentatlon de lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Campionato de Galicia de Pentatlon de lanzamentos