CAMPIONATO PROVINCIAL Campo a través (domingo 4 febreiro, Vilalba)

Publicado por: Lucus Atletismo

campoatravs_campionatoprovincial.png
 
Este domingo 4 de febreiro disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL de Campo a través no Circuíto A Madalena de Vilalba, onde se darán cita os mellores equipos dos clubs lucenses, logo da previa fase Clasificatoria do pasado 27 de xaneiro. Ata alí desprazase o Lucus Caixa Rural Galega para representar ás súas categorías, desde os/as benxamíns ata as cadetes, segue lendo para ver o CIRCUÍTO e HORARIO!
De novo, deixámosvos os HORARIOS e CIRCUÍTO de cada categoría (benxamín, alevín, infantil e cadete) e lembramos aspectos importantes de cara á viaxe e á competición:

  • Acudir, polo menos, 10 minutos antes da hora de saída do autobús, para facer reconto e xestionar as prazas dispoñibles. PRÉGASE PUNTUALIDADE. *(Cando coñezamos o horario de saída xa actualizaremos a información e vos avisaremos vía e-mail).

  • En caso de non acudir, o mesmo día pola mañá informar o antes posible aos monitores/as dos atletas desta situación, así como en caso de viaxar en autobús soamente á ida ou á volta; para evitar imprevistos.

  • Traer imperdibles para a suxeición firme dos dorsais que proporcionará a organización.

  • Vestir a equipación do club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento de carácter obrigatorio (camiseta ou sudadeira).

  • Desfrutar da xornada vivindo a carreira con competitividade e, máis importante aínda, con moita diversión e desfrutando desta xornada única.
 
 
CIRCUÍTO E HORARIOS
ctoprovincial_040218_circuitohorario.png


PERCORRIDOS E DISTANCIAS
ctoprovincial_040218_tabla.png
 
 

Vémonos!!



Enlace con la noticia original: CAMPIONATO PROVINCIAL Campo a través (domingo 4 febreiro, Vilalba)

Mas noticias relacionadas