CAMPIONATOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS (sábado 8 xuño, Getafe e Salamanca)

Publicado por: Lucus Atletismo

Continuando coas competicións que terán lugar esta fin de semana, cabe destacar a participación dos/as nosos/as atletas nos distintos campionatos nacionais e internacionais que terán lugar na tarde de hoxe, sábado 8 de xuño.

A nivel nacional, Carla Mourelle participará no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS SUB18 que se desenvolverá en Getafe, Madrid. Aínda que a xornada dará comezo ás 17:00 horas, no será ata as oito da tarde cando teña lugar o salto de lonxitude, proba na que foi convocada pola Selección Galega de Atletismo e na que loitará representando á nosa Comunidade Autónoma. Cunha mellor marca persoal de 5.53 metros, tratará de igualar o rexistro a actual tempada e lograr a mínima para o Campionato de España SUB18 individual, situada nos 5 metros 40 centímetros. Deixamos nos seguintes enlaces toda a información de interese.

Resultados en directo

Transmisión por vídeo

Máis información

 

E xa a nivel internacional serán Miguel Pérez e Iago Núñez os que compitan na provincia de Salamanca, logo de ser invitados no TROFEO INTERNACIONAL DE ATLETISMO «MEMORIAL CARLOS GIL PÉREZ», que terá lugar tamén na xornada vespertina deste sábado. Ás 17:45 horas, Iago correrá os 400 metros valados e repetirá ás 21h nos 400 metros lisos; mentres que Miguel estará nas semifinais dos 110 m.v. (18:30 h.) e loitará por meterse na final das 20:00 horas. Nos enlaces posteriores tedes máis información sobre este gran encontro.

Regulamento Enlace de interese

GRANDE NORABOA DESDE O CLUB!

Enlace con la noticia original: CAMPIONATOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS (sábado 8 xuño, Getafe e Salamanca)

Mas noticias relacionadas