Publicado por: Ourense Atletismo
Carmen Escariz e Blanca Pereira participaron coa selección galega no Campionato de España Abosluto de Federacións Autonómicas.
Carmen rematou en terceira posición nos 5000 marcha cunha marca de 22:25.70 logrando 14 puntos. Blanca conseguiu a sétima posición cun mellor lanzamento de 50.87, conseguindo 10 puntos para Galicia nunha xornada complicada con só dous lanzamentos válidos.
A posición final de Galicia foi a sexta, cun total de 374.5 puntos. Neste campionato súmanse as probas masculinas e as femininas.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XLVIII Campeonato de España de Federaciones Autonómicas
La entrada CARMEN E BLANCA DEFENDEN Á SELECCIÓN apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: CARMEN E BLANCA DEFENDEN Á SELECCIÓN