Catro medallas e cinco finalistas na primeira xornada dos nacionais

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de catro medallas (un ouro, dúas pratas e un bronce) e cinco postos de finalista sería o que daría de sí a primeira xornada dos Campionatos de España Absolutos de atletismo que se están a desenvolver en Getafe.

A proba de xavelina depararía sen lugar a dúbidas a excelente nova da xornada xa que Lidia Parada nun formidable concurso lanzaría no seu último intento ata os nada menos que 61.25 m. o que supón un novo récord galego absoluto sendo ademáis mínima de participación para os Campionatos de Europa de Berlín. Por si foura pouco Andrea González da Gimnástica lograría unha brillantísima cuarta posición ó lanzar xa no seu  primeiro intento ata os 49.93 que representa unha MMP

Leticia Gil lograría a segunda medalla para a nosa comunidade na proba de lonxitude grazas ó seu terceiro salto na que se iría ata os 6.25 m. que suporían un novo récord de Galicia se non fora polos 2.9 de vento a favor. En calquer caso excelente comportamento da atleta de O Barco que colgaría un bronce nesta cita.

No concurso de Martelo Nacho Fernández do Celta con 61.84 m. entraría en postos de finalista cun meritorio quinto posto  ó igual que as atletas dos 3.000 Obstáculos  Alice Marie Genevieve sexta con 10:34.84, e Eva Arias oitava con 10:39.77.

De novo Belén Toimil subiría ó podio no concurso de peso logo dunha tempada difícil para ela, sendo nesta ocasión para recoller a prata que lograría con 15.77 m. do seu primeiro intento.

Seguindo cos lanzamentos, en disco nova prata de Frank Casañas o cal tan só cedería ante Lois Maikel Martínez. O pentaolimpico faría dous lanzamentos válidos, chegando no cuarto ata os 56.97 m.

Saleta Fernández que partía como clara favorita, tería que ceder ante unha inoportuna lesión que a faría ocupar a cuarta praza no concurso de altura.

Por ultimo salientar a Javi Cancela do C.A. Santiago quen quedaría as portas da final dos 100 m. despóis de acadar o cuarto posto nas semis con 10.48 que representa unha MMP situándose a tan só dúas centésimas do récord galego.

Actuación Galega da primeira xornada

O artigo Catro medallas e cinco finalistas na primeira xornada dos nacionais publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Catro medallas e cinco finalistas na primeira xornada dos nacionais

Mas noticias relacionadas