CATRO MEDALLAS NOS GALEGOS SUB10 E SUB12

Publicado por: Ourense Atletismo

Nas pistas de Elviña, na Coruña, celebráronse os Campionatos de Galicia Sub10 e Sub12 nos que o Ourense Atletismo obtivo un total de catro medallas.

Os catro metai foron conquistados na categoría sub10, grazas aos rexistros de Maeloc Barreiro quen foi prata nos 500 con 1:33.13 e ouro na lonxitude con 3.82, Alejandro Cid sendo terceiro nos 1.000 con 3:39.16 e o relevo 4×50 masculino que gañou con 32.58. Este relevo estivo composto por Martín Gómez, Maeloc BarreiroEnzo Blanco e Saúl Carril.

En categoría sub12 non houbo medallas, aínda que si moi boas actuacións coma o cuarto posto de Marta Domínguez na altura con 1.20, o sexto posto de Álex Cid nos 500 con 1:31.91 ou o quinto do 4×60 masculino con 36.75 e composto por Álex CidRodrigo Cordero, Francisco CarballoZeus Pérez. A maioría dos nosos participantes están no primeiro ano da categoría, o que nestes idades con crecementos tan rápidos implica unha desventaxa. Non supón, en todo caso, unha especial preocupación, xa que o aspecto competitivo nestas categorías pasa a un segundo plano, sendo o principal a formación.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

XVII CAMPIONATO XUNTA GALICIA SUB10

XXXIII CAMPIONATO XUNTA GALICIA SUB12

La entrada CATRO MEDALLAS NOS GALEGOS SUB10 E SUB12 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: CATRO MEDALLAS NOS GALEGOS SUB10 E SUB12

Mas noticias relacionadas