Publicado por: Ourense Atletismo
Catro representantes do Club Ourense Atletismo estiveron no Campionato de España absoluto celebrado en Tarragona. O crecemento do club vese reflexado nunha cifra de representación que non se vía dende hai anos. Os resultados trouxeron tanto alegrías coma penas, xa que malia obter dous postos de finalistas con Iria e Manuela, Blanca e Andrea non puideron clasificar.
No caso de Andrea Reija, participou no héptatlon nas tres primeiras probas, sen poder tomar a saída da cuarta por lesión. Nos 100 valos rematou doceava con 14.72, na altura foi décima con 1.62 e no peso repetiu a décima praza con 10.81. As molestias comezaron no salto de altura e a pesar de facer o peso non se conseguiu recuperar o suficiente para correr os 200 metros.
Blanca Pereira tivo un día complicado no martelo e marchou con tres nulos consecutivos que lle impediron acceder á mellora. Coas marcas que estivo realizando no mes de xullo podería ter quedado de finalista.
Manuela Blanco ocupou a sexta praza en pértega cun mellor salto de 3.90. O posto foi compartido con Meritxell Benito e Diana Jiménez. A nosa atleta comezou en 3.75, que pasou á primeira, e o 3.90 superouno á segunda tentativa, facendo os tres nulos sobre os catro metros.
Iria Solera foi a sétima clasificada na altura cun mellor salto de 1.69. No seu primeiro Campionato de España absoluto, comezou cun nulo en 1.64 que puido subsanar ao segundo intento. Posteriormente saltou o 1.69 á primeira e realizou tres nulos consecutivos sobre o 1.74.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
La entrada CATRO REPRESENTANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: CATRO REPRESENTANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO