Celebrada a Asemblea Xeral ordinaria da FGA

Publicado por: F.G. Atletismo

A sede da Federación Galega de Futbol foi escenario da celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo que se celebrou no día de onte desde as 17.30 h.

Durante algo máis de catro horas estivéronse expoñendo, debatindo e sometendose a aprobación os distintos puntos da orde de día os cales foron aprobados por unha ampla maioria dos asistentes.

A asamblea comezaba ca intervención do presidente Iván Sanmartín o cal expuxo un informee sobre a situación do atletismo galego desde distintas ópticas. De igual modo enumeraba os distintos compromisos acadados desde que acedera á Presidencia fai algo menos dun ano.

Acto seguido tanto o vicepresidente do Comité Galego de Xuíces Angel Lopez Montesinos, como o Director Técnico, David Ferrer ,tomaban a palabra para proceder a dar información aós asistentes sobre as actividades das súas respectivas parcelas. Na mesma o máis salientable foi a aprobación da regulamentación de normas técnicas así como a da suba dun moderado incremento do custe das licenzas que será de aplicación no 2024.

A aprobación do peche provisional económico deste 2023, o proxecto de  orzamentos para 2024 así como os distintos rogos e preguntas puxeron o punto e peche a unha Asemblea marcada polo gran acordo e entendemento entre todos os puntos de debate

O artigo Celebrada a Asemblea Xeral ordinaria da FGA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Celebrada a Asemblea Xeral ordinaria da FGA

Mas noticias relacionadas