Chega toda a emoción do Campionato galego de clubs

Publicado por: F.G. Atletismo

A disputa do XXI Campionato de Galicia de Clubs de Aire libre  supón un dos primeiros acontecementos importantes do ano 20019. Con este evento arrinca o calendario de clubs de aire libre que terá como escenario as pistas ferrolás da Malata como xa o fixeran nas edicións do 2004, 2008, 2013, 2015 e 2017.

O formato competitivo (de atleta por proba)  fai que esta cita pase por ser un dos acontecementos máis emocionantes do calendario oficial de probas, dando pé da mesma maneira, para que os clubs poñan a punto as fichaxes e reforzos da tempada de cara a esa inminente compitición de equipos que a nivel nacional dará comezo en poucas datas.

Este ano os dous Celtas, tanto na categoría feminina como na masculina, terán que defender o título acadado o ano pasado precisamente nas pistas viguesas de Balaidos. Para elo terán enfronte á formación feminina da División de Honra do RIA Ferrol-CCA quenes cas súas 12 victorias no histórico do torneo, posicionánse como serias candidatas ó título. A Sociedad Gimnástica, o ADAS-Proinor e as lucenses do LUCUS Caixa Rural Galega a priori, poderían estar na loita polos postos do podio.

Na categoría masculina de igual modo, loita interesantísima a que se verá entre o Celta e a Gimnástica, nunha competición na que se lle da mellor ós celestes con oito títulos polos catro da Gimnástica. Atención ó Clube Atletismo Santiago quen podería estar no caixón como xa fixera o ano pasado co permiso do Atletismo Narón quen tamén figura nas quinielas.

A compitición será a unha única xornada dando comezo ás 15.00 horas para rematar sobre as e 20.45 h.

Sorteo dunha camiseta oficial da FGA

Con motivo da celebración do campionato, a FGA quere sortear unha camiseta oficial entre todos aqueles/as quenes acerten a composición do podio en ambas categorías. Pare elo podedes deixar as vosas apostas neste ENLACE 

Foto de Gema Figueroa

O artigo Chega toda a emoción do Campionato galego de clubs publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Chega toda a emoción do Campionato galego de clubs

Mas noticias relacionadas