
Publicado por: F.G. Atletismo
Esta fin de semana arrinca unha nova tempada do Campionto de Liga por clubs nas súas categorías de división de honra e primeira división
Para este ano, serán un total de 64 conxuntos quenes tomen parte nesta edición na que o atletismo galego estará representado por un total de 7 equipos ( 2 en honra e 5 en primeira)
Na máxima categoría contaremos ca presenza dos equipos da Gimnástica de Ponvedra na categoría masculina e do RIA Ferrol na feminina, que logo duns anos en primeira división, regresa novamente a elite estatal.
Os pontevedreses, cuxo obxectivo é seguir como nos últimos casi vinte anos en honra, viaxarán a Salamanca para enfrontarse ao At. Albacete, Unicaja Jaén e aos locais, que ascendían o ano pasado, do At. Salamanca. Pola súa banda as departamentais competirán nas pistas da Universidade de León para medirse ao favorito At. San Sebastián, xunto ao Alcampo Scopio e a un apriori asequible, Universidade de León.
Xa na primeira división feminina importante primeira xornada a que poderemos seguir a partir das 17:00 horas do sábado nas pistas de Pereiro de Aguiar na que o recén ascendido equipo do Sanysec-Ourense recibe a Sociedad Gimnástica, Celta Atletismo e ao equipo vasco do Barrutia Atletismo. O obxectivo das ourensáns pasa por facer unha boa primeira xornada diante do seu público e na que tanto Gimnástica como sobre todo Celta At. deberán eludir a última posición para evitar situacións complicadas nas seguintes xornadas.
Por último, no apartado masculino de primeira división, viaxe ata as pistas avilesinas do Yago Lamelas do Celta Atletismo e At. Narón, que xunto aos conxuntos de Universidade de Oviedo e Atletismo Alcorcón forman parte deste complicado grupo para os intereses galegos. A priori os locais, xunto ao conxunto madrileño, parten como favoritos.
Sistema de competición
A competición desenvolverase en tres xornadas ao aire libre. Tanto na primeira xornada (25 de abril) como na segunda (16 de maio), os equipos distribuiranse en catro encontros cuadrangulares a 2 atletas por proba clasificándose segundo os resultados destas dúas xornadas para a terceira xornada (13 e 14 de xuño) en dous encontros octogonais (un polo título e outro pola permanencia) a un atleta por proba.
O equipo clasificado en primeiro lugar de cada encontro obterá 4 puntos, o segundo clasificado 3 puntos, o terceiro clasificado 2 puntos e o cuarto clasificado 1 punto.

O artigo Comeza a Liga para os equipos galegos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Comeza a Liga para os equipos galegos
